O pasado martes día 17 de xaneiro o DOG publicaba a orde que aproba o terceiro treito do deslindamento do monte veciñal de Atios. Próximamente a Consellería enviará as notificacións persoais a todos os propietarios afectados, tanto particulares como empresas e institucións.
Será daquela cando se abra o prazo para presentar os recursos que se consideren oportunos contra esta resolución.
Os veciños de Atios afectados polo deslinde poden contactar coa xunta directiva para obter unha copia da resolución, que tamén se pode consultar nesta ligazón:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170117/AnuncioG0426-281216-0004_gl.pdf
Rexeitados os encravados do concello
Polo que respecta aos intereses do monte comunal de Atios, cómpre salientar que, tal e como a nós defendemos, foron rexeitadas as alegacións presentadas polo concello do Porriño na súa pretensión de apropiarse de diversos encravados dispersos polo monte veciñal. Así, non é considerada a súa alegación que atinxe ao terreo do campo de tiro porque, tal e como se deduce desta resolución, non fora no seu día clasificado a favor do concello. É dicir, sempre foi terreo comunal, e así o defendemos dende a xunta de montes.
Asemade, os encravados nos que no seu día -hai xa moitos anos- houbo algún tipo de explotación mineira, tamén son considerados incluídos dentro do monte comunal. Baseados nesa realidade, son rexeitadas tamén as alegacións do Concello, que pretendía apropiarse dunha superficie de monte (nalgúns casos irracionalmente desproporcionada) que nunca lle pertenceu.
Nas seguintes ligazóns xuntamos os planos da proposta de resolución do 3º treito do deslindamento.
Plano Nº 8 Pedra que Fala Carrascal Laxedo
Recordamos que poden consultar os planos dos apeos levantados nas tres fases en que se dividiu o deslindamento.
Os anuncios do DOGA coas convocatorias públicas de inicio do apeo das distintas fases.
ANUNCIO DOGA VISTA PÚBLICA FASE 3ª
Se ten unha parcela catastral afectada polo deslindamento pode localizala nesta ligazón (dispoñible só en google earth).

