Xa está pechado o novo grupo formado en Atios para a realización do curso básico de manipulador de fitosanitarios. En total son 29 as persoas anotadas para este curso que se impartirá os días 20, 21, 27 e 28 de maio no Centro Social e Cultural de Atios. Os horarios, segundo se acordou na reunión previa para organizar o grupo, quedan como segue: os venres 20 e 27 de maio, de 15:00 hs a 21:30 hs; e os sábados 21 e 28 de maio, de 8:30 hs a 15:00 hs. O exame final terá lugar o luns día 30 entre as 19:00 hs e as 21:00.

Para obter calquera información relativa a este curso ou outros, poden chamar ao teléfono 986 33 68 50, da academia Norformación do Porriño, que é quen organiza os cursos en colaboración coa xunta de montes de Atios.

f1f3Estas son  imaxes da segunda sesión do curso,impartido o pasado sábado, 16 de Abril.

Recollida de xustificante do grupo anterior:

Os alumnos do curso celebrado durante os sábados do mes de abril están todos aprobados. Xa poden recoller no Centro Social e Cultural de Atios o xustificante que acredita ter realizado e superado o curso de manipulador de fitosanitarios. Con este xustificante xa poden adquirir os produtos nas tendas especializadas e aplicalos nos seu cultivos. Debido ao grande número de solicitudes que reciben na Xunta de Galicia, o carné oficial non estará disponible ata dentro duns meses. Entre tanto, o xustificante é totalmente válido.