A asemblea da comunidade de montes de Atios celebrada este pasado sábado aprobou as condicións para a adxudicación da xestión da cafetería do Centro Social e Cultural, situado no torreiro da Guía. O prezo base de saída é de 250 euros/mes. Con todo, non será a oferta económica o criterio que máis pesará na adxudicación. A xunta directiva valorará especialmente o proxecto de hostalería que se presente, a experiencia profesional, así como a proposta gastronómica. A hixiene, a limpeza e a calidade no servizo son elementos fundamentais para decidir a adxudicación. A cafetería é un servizo que a comunidade ofrece a todos os usuarios do centro social, pero tamén pode ser explotado como un atractivo negocio profesional de hostalería.

En breve acometeremos a reforma do recinto en que está ubicado o centro social. Levaremos a cabo a humanización da zona anexa á cafetería, convertendo o torreiro nunha gran praza peonil empedrada, que aumentará o atractivo do lugar. Completaremos a reforma da escalinata lateral do edificio. O parque infantil e a zona de xogos atraen a familias e cativos de toda a contorna.

A cafetería xa conta con terraza cuberta e un fermoso xardín que permite a instalación de mesas, ampliando o espazo da terraza. No interior, a cafetería dispón de máis de cen metros cadrados. A oferta de contrato é por un prazo de dous anos. Fíxase unha mensualidade de fianza. O inquilino correrá cos gastos propios do negocio (luz, taxas, licenzas, etc.). Asimesmo, outra das condicións, como vén sendo habitual, é que o inquilino asuma a limpeza das zonas comúns do centro social. As ofertas deben presentarse en sobre pechado. A data límite é o 13 de abril, ás 21:00 hs. O teléfono de contacto para a consulta das bases e a entrega de ofertas é 606 96 81 35