Un dos principais obxectivos da comunidade de montes de Atios é que a veciñanza e os visitantes disfruten precisamente do monte e do seu medio natural. Por iso destinamos importantes recursos á limpeza e desbroce daquelas zonas destinadas ao uso social e recreativo.
A configuración orográfica do noso monte, con vales, corredoiras, regatos, penedías e bosques de frondosas, fan que sexa moi atractivo para o paseo, o lecer ou os deportes ao aire libre. Dispomos de amplas zonas de árbores autóctonas (castiñeiros, freixos, caraballos, acivros, cerdeiras, etc.) que deben ser limpas con frecuencia para que amosen toda a súa beleza e forza natural. Con esa fin, nesta época reforzamos o cadro de persoal con traballadores da parroquia para levar a cabo os labores forestais necesarios.






Convidamos a todos a que se acheguen aos recunchos maís fermosos do noso monte, como poden apreciar aquí ou na galería de imaxes.



