Dende a Xunta de Montes facémonos eco da convocatoria dos Penediños de Atios e sumámonos á celebración:

Aquí temos o noso cartaz para a celebración do día das Letras Galegas o vindeiro martes 17 de Maio 🌸

Abriremos a tarde cun obradorio de decoración de camisolas e bolsas co motivo da homenaxe a Florencio Delgado (material proporcionado pola asociación) ás 16:30.🕟

Deseguido teremos unha charla-coloquio, na cal, diversos “neofalantes” (é dicir, novos falantes de galego) contarán e debatirán a súa experiencia ao mudaren a súa lingua vehicular, agardando a vosa presencia e interacción para conseguir abrir un diálogo partindo dunha pregunta: por que lle falas castelán aos teus fillos? 🤔

Seguiremos, en torno ás 19:30, cun espazo para realizar un micro aberto, onde serán recitados diferentes escritos e poesías do homenaxeado, para poñérmoslle voz.🔊

E para rematar a xornada… teremos a oportunidade de contar cun concerto do dúo @fillasdecassandra.mp3 (tamén elas neofalantes 🙈), que nos ten súper emocionadas!

Agardamos vervos, a cantas máis mellor, para celebrar e festexar o día das nosas letras e da nosa cultura! Vinde! 🌞🌸