O vindeiro domingo, 17 de xullo de 2016 ás 19.00 h, celebrarase no Centro Cultural de Atios a I Cantada de Habaneras. Este é o primeiro festival de habaneras que se organiza dende a asociación cultural e, nesta ocasión, a Coral Polifónica de Atios, anfitrioa do acto, estará acompañada da Coral Polifónica Vagalume de Oia e a Coral Polifónica da AVCR San Mamede de Zamáns.

