Atios acolle este fin de semana as festas na honra da Virxe da Guía. A comisión, integrada por membros de toda a parroquia -non é por barrios coma en San Bieito- leva todo o ano traballando para preparar os festexos. A comisión da Guía foi a encargada de organizar a proba de BTT ou o rastrexo, que congregaron a centos de participantes nos montes de Atios.cartaz guía 16O programa, como xa aconteceu outros anos, incorpora concertos e actuacións para todos os públicos, pero especialmente para a mocidade, con sesións D’J e rock nas noites do venres e o sábado. Domingo e luns é a quenda das verbenas tradicionais coas mellores orquestras, que interpretan música variada.

Nos actos relixiosos destaca a procesión que une a igrexa parroquial coa capela da Guía. Centos de persoas danse cita para ver o saúdo entre a imaxe da virxe honrada nestas festas e as imaxes dos distintos santos que forman o panteón parroquial.

Non deixen de achegarse por Atios para disfrutar dunhas das festas que máis sona teñen na bisbarra.13906584_291020384622887_4519422705062983697_n

13891984_291015781290014_3537366137989897077_n

 

 

.