Tal como fora aprobado na asemblea xeral extraordinaria do pasado 26 de marzo, convocamos eleccións á xunta reitora, que debe xestionar a comunidade durante os vindeiros catro anos.

O prazo de presentación de candidaturas remata o venres 13 de maio, ás 21:00 hs, na oficina da comunidade, sita no Centro Social e Cultural, na Guía.

As candidaturas deben presentarse nos termos que recollen os estatutos, cun mínimo de 12 membros, seis directivos e seis vogais. No escrito de presentación de candidatura debe figurar a sinatura auténtica de todos os integrantes da mesma, que deben ser comuneiros en activo.

Porase a disposición dos comuneiros que o soliciten unha copia do listado actualizado de comuneiros activos.

No caso de haber máis de unha candidatura, debe procederse a votación presencial. Feito que terá lugar o día 22 de maio , no auditorio do Centro Social e Cultural. O horario de votación será de 10:00 a 13:00 horas.

Debe constituirse previamente a mesa electoral, da que están obrigados a formar parte o comuneiro de máis idade, en calidade de presidente, e o comuneiro de menor idade, como secretario.

Cada candidatura poderá nomear un interventor, que debe estar dado de alta como comuneiro.

No caso de non haber máis que unha candidatura, procederase ao nomeamento por aclamación, no mesmo lugar e a mesma hora.

Desde a xunta reitora actual anunciamos xa a disposición a seguir polo menos catro anos máis para seguir traballando polo ben do monte comunal e da parroquia en xeral.