A xunta reitora convoca o vindeiro sábado 19 deste mes de febreiro, ás 20:00 horas (en 2ª convocatoria) a unha asemblea extraordinaria monográfica sobre o deslindamento do monte comunal. Unha xuntanza na que contaremos coa presenza do avogado Calixto Escariz, para aclarar calquera cuestión xurídica e legal a respecto do procedemento. A comunidade deberá tomar decisións importantes sobre os pasos a seguir no futuro, unha vez que se dá por pechado o deslindamento na vía administrativa.

Neste mapa pódese consultar dun xeito moi gráfico como se traslada ao terreo a resolución da Consellería do Medio Rural, que delimita a perímetro e a superficie do monte comunal. Con respecto aos encravados de particulares, en cor morada figuran as alegacións aceptadas, é dicir, as parcelas privadas que quedan fóra do monte comunal porque a Consellería considerou acreditada a posesión. E en cor vermella están as alegacións que, por distintos motivos, foron rexeitadas.

https://www.google.com/maps/d/viewer?hl=es&mid=1iAQBKs2ojREf8MJfVfeO85KdvOQ&ll=42.14759036943564%2C-8.589429892637101&z=12

A continuación poden consultar as resolucións dos tres treitos en que se dividiu o deslindamento do monte de Atios:

Resolución aprobación 1º treito

Resolución aprobación 2º treito

Resolución aprobación 3º treito