Este venres 3 de xuño bota a andar un novo proxecto para a cafetería do Centro Social e Cultural de Atios. Da man de Beatriz e Yenni comeza unha nova etapa, na que pretenden convertir o local nun referente hosteleiro da parroquia, cunha coidada oferta gastronómica, baseada na calidade dos produtos e un mellor servizo.

Logo dunhas pequenas obras de reforma e lavado de cara, que inclúe o repintado de paredes e redistribución do mobiliario, así como a reposición de electrodomésticos, o café-bar abre esta fin de semana con novos folgos e ilusións.

Ambas teñen sobrada experiencia no negocio, de feito rexentan o Recuncho do Vila, o antigo bar Bertiño, e son ben coñecidas polos clientes e veciños. E seu obxectivo é convertir o café-bar da Cultural nun punto de encontro acolledor e para todos os gustos.

Agradecemos a Doménico e Carla o esforzo no tempo en que estiveron á fronte da cafetería e desexámoslle moita sorte no seu novo reto no bar La Guía.

Agora, con Beatriz e Yenni, gañadoras da poxa aberta no seu día para optar á xestión da cafetería da Cultural, empeza un novo proxecto que agardamos sexa do agrado dos comuneiros e en xeral de toda a veciñanza. Moita sorte!