A cafetería do centro Social e Cultural de Atios amplía as súas instalacións para  ofrecer un mellor servizo aos seus clientes. Un toldo cobre a terraza exterior, situada fonte os ventanais, creando un espazo moi acolledor e a cuberto da chuvia e o frío. Un lugar acaído sobre todo para os fumadores, que poden disfrutar dunha estancia agradable sen molestar aos demais clientes.

TOLDO 1O toldo cobre un espazo de case corenta metros cadrados. Cinco cortinas chegan ata o chan impedindo a entrada de auga e frío. Amplas franxas de material transparente permiten a entrada de luz e a visibilidade cara o exterior. A cafetería do centro Social de Atios é unha das mellor dotadas da contorna, cunha superficie que supera os 150 metros cadrados.toldo 4TOLDO 2

Á fronte do local están Johni e Rosa, unha amable parella que ofrece o servizo máis profesional e atento aos clientes. Unha variada carta de pinchos, tapas e bocadillos e unha selección dos mellores viños, cervexas e combinados compoñen a oferta da cafetería. Dispón ademais de pantalla de tv xigante, con canles vía satélite e conexión wifi de balde.TOLDO 3