A Asociación Cultural Os Penediños de Atios celebra este domingo 16 de xullo a “2ª Cantada de Habaneras “

O vindeiro 16 de xullo, domingo, a Coral Polifónica de Atios pechará a segunda cantada de habaneras organizada pola Asociación Cultural Os Penediños.

Comezará o festival a partir das 20 horas coa actuación da Coral da Asociación de Pensionistas de Pazos de Borbén, a quen seguirá a Coral Polifónica Frol Nova Chapela, de Redondela, e pechará o festival a coral anfitrioa.

Dende a asociación queren convidar a todos os amantes da música coral a acudir a esta segunda edición do festival que este ano será ao aire libre, nos exteriores do Centro Social e Cultural de Atios, no torreiro de festas da Virxe da Guía.

A seguir, o cartaz da xornada: