Dende hai seis anos a comunidade de montes de Atios organiza unhas xornadas micolóxicas destinadas ao coñecemento e degustación do amplo mundo dos cogomelos. Celébranse a mediados de outono en dúas xornadas. O venres é o día dos alumnos do colexio público de Atios. Un experto micólogo (neste caso é Alfonso Rey, da asociación A Zarrota de Vigo) da unha pequena charla aos cativos no coelxio e logo ten lugar unha visita ao monte para a recolección dos cogomelos. In situ, o experto fai unha demostración práctica das variedades de cada cogomelo e sobre que exemplares son comestibles.xm1Xa o domingo é a quenda dos adultos, que dende primeira hora soben ao monte provistos de cesto e coitelo dispostos a recoller todos os cogomelos que paguen a pena. Logo, cos mellores exemplares seleccionados, elabóranse algúns deles para a súa degustación.