A asociación cultural Os Penediños de Atios convídate a celebrar con eles a festa das Letras Galegas, que este ano está adicada ao benquerido escritor e ensaista ourensán Carlos Casares, finado en marzo de 2002.

O programa de actos desenvólvese entre os domingos 14 e 28 de maio. A primeira xornada, este domingo día 14, comezará as catro e media da tarde con unha festa dirixida á rapazada, con xogos populares e inchables instalados no recinto do Centro Social e Cultural de Atios. Á continuación, ás sete e media, terá lugar a homenaxe a Carlos Casares. Proxectarase un vídeo do autor, leranse textos das súas obras e sortearanse entre os presentes varios libros seus.

Esta primeira xornada conclúe con música tradicional galega a cargo do grupo local Lumeirada.

O domingo 28 é quenda para o teatro. O grupo Fontevella representa a obra Vaia lío de velorio!.Casares foi autor de narrativa para adultos, como Vento Ferido ou Deus sentado nun sillón azul, e tamén de contos para os máis cativos, entre os que destacan A galiña azul, A laranxa máis laranxa de todas as laranxas, ou a serie coa personaxe do enxeñoso neno Toribio como protagonista. Casares, nado en Ourense pero residente durante boa parte da súa vida na Ramallosa, en  Nigrán,  foi tamén autor de diversos ensaios sobre literatura e xornalismo.A súa figura ocupa un lugar moi destacado no panteón dos galegos ilustres como representante dos valores senlleiros da nosa lingua. Ven a Atios a disfrutar da festa das letras!