A proba de BTT organizada pola Comisión de Festas da Guía consolídase como unha das máis atractivas do calendario galego. A edición deste ano, celebrada o pasado 24 de abril, reuniu a 450 participantes, un número semellante ó da primeira edición. Aquí tedes o video elaborado pola produtora “Porriño producciones”, que recolle os mellores momentos da proba. As imaxes aéreas do percorrido dan boa conta dos fermosos recunchos que agocha o monte e a contorna da parroquia de Atios.

