Prezadas comuneiras e comuneiros, xa falta menos para a tradicional Festa do Monte que a comunidade organiza todos os anos na segunda fin de semana de xuño. Chegamos xa a edición número 32 e imos contar con algunha novidade. Non faltará no programa a actuación dos Penediños e os petiscos que a xunta de montes ofrece a toda a veciñanza. Haberá tamén inchable para os cativos e xogos populares, e o posto do pulpeiro. Nesta ocasión é a comisión de festas de San Bieito de Vilafría a que se fai cargo do bar.
Reserva de mesas
A reserva de mesas da área recreativa farase únicamente de xeito presencial o sábado pola mañá, a partir das 11:00 . Menchu, a secretaria da comunidade, é a persoa que tomará conta das reservas que nese intre se fagan. Non cabe outra vía para coller unha mesa.
Non haberá misa de campaña
Debido a coincidencia no calendario da festividade do Corpus coa nosa festa no monte, o párroco díxonos que non ten posibilidade de compatibilizar os horarios, así que este ano non poderemos celebrar a misa de campaña na área recreativa.
CONCERTO DE ROCK ATIENSE O SÁBADO A NOITE
O sábado a noite teremos un acontecemento musical que non podemos perder. Será a estrea mundial do grupo PinkPorris , formado, entre outros músicos, por coñecidos veciños de Atios.
Un grupo referente do agrorock local, que promete non defraudarnos. E unha vez rematado o concerto ocupará o escenario o grupo Nueva Moda, integrado tamén por veciños de Atios, que animarán a festa con calidade musical ata ben entrada a madrugada.
Dende a xunta veciñal de montes convidamos a todos os veciños a disfrutar do entorno natural que temos con moito coidado e responsabilidade.