Prezadas comuneiras e comuneiros, xa nos toca ir algo de festa, non? Pois o vindeiro sábado, 29 de abril , faremos a celebración que prometemos organizar hai uns meses polo éxito acadado coa sentenza das canteiras e tamén, de paso, para inaugurar a humanización do torreiro da Guía.
Haberá actividades para todos os públicos, empezando polos máis cativos, con inchables e xogos. Como non podía xer doutro xeito, contaremos coa actuación do grupo de baile e música tradicional dos Penediños. Faremos un pequeno discurso de inauguración e a continuación chega a troula da man da fanfarria Taquikardia. E remataremos con música de verbena para que ninguén quede coas ganas de bailar. Haberá unha pequena sorpresa tamén para os que se acheguen a disfrutar da festa.
Convidamos a todas as veciñas e veciños da parroquia, porque esta festa é para todas e todos os que aquí vivimos. Atios ben merece os logros que con tanto esforzo imos conseguindo e debemos estar orgullosos de celebralo. Vémonos!