O vindeiro domingo 22 de maio, ás 19 h, no auditorio da Asociación Cultural dos Penediños de Atios, celebrarase un Encontro de Corais. As corais convidadas son a Coral Polifónica San Lourenzo de Belesar, dirixido por D. Javier Domínguez Millán, e a Coral Adaxe de Alxen, dirixido por D. Isidro Betancourt Benítez. Pechará o encontró a anfitrioa, a Coral Polifónica de Atios, dirixida por D. David González Sobrino. Este é o primeiro encontro de corais que a asociación ten previsto na súa programación para este ano 2016.
Dende a asociación queremos animar a tódolos veciños e veciñas a desfrutar deste festival onde xa lle podemos anticipar que a nosa Coral estreará dúas obras novas no seu repertorio.




