A comunidade de montes, en colaboración coa academia Norformación do Porriño, quere ofrece aos veciños de Atios a posibilidade de se formaren ou ampliaren os seus coñecementos en materias que cremos son de grande interese.

Deste xeito abrimos a posibilidade de que se inscriban nos cursos de Poda, Agricultura ecolóxica e Informática básica. Nos seguintes documentos poden consultar os contidos e materias de cada curso.

Curso de informática básica

Curso de poda

Curso de agricultura ecolóxica

Poden anotarse no teléfono 606 96 81 35 ou na cafetería do centro cultural (agás os mércores, que pecha por descanso), onde haberá unhas follas para recoller as inscricións.

Unha vez saibamos os alumnos anotados organizarase unha reunión cos responsables da academia para fixar horarios e tarifas. A counidade de montes comprométese a sufragar unha parte do importe do curso aos veciños que o necesiten. Deste xeito pretendemos que motivos de tipo económico non impidan a formación en saberes útiles para a súa vida cotiá.