A vindeira fin de semana arranca o mes cultural que dende hai xa uns anos organiza a Asociación Cultural Os Penediños de Atios no mes de novembro. Unha morea de actos e actividades que nesta ocasión teñen como referente principal a figura de Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 30 de xaneiro de 1886).  O Ano Castelao 2016 conmemora tres efemérides relacionadas co polifacético autor, artista e intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: o centenario da súa chegada á cidade de Pontevedra, o 75 aniversario da estrea de Os vellos non deben de namorarse, e o Día das Artes Galegas, que este ano está dedicado a este autor.

castelao2

O actor e monologuista Cándido Pazó traerá o día 19 ao auditorio do centro Social e Cultural de Atios o espectáculo “Que comerá o rei?”, unha narración oral de contos e anédotas inspirados nos textos e debuxos do insigne galeguista.que-comera-o-rei-1A emigración, que coñeceu tan ben o propio autor de Rianxo, ocupa outra das actividades nesa fin de semana. Os membros da asociación cutlural organizan unha exposición fotográfica con instantáneas relacionadas coa emigración recollidas polos propios veciños de Atios. Por iso fan un chamamento á veciñanza para que colabore e achegue as imaxes que aínda conserva da súa estancia no estranxeiro. A colleita está dando os seus froitos, pero queren que estea representado o maior número posible de puntos de destino que, que coma en toda Galicia, tiveron os nosos veciños emigrantes.

Diapositiva 1

Juan de “Rape”  e Dosindo Novás Fernándezz, en Rio de Xaneiro. Imaxe cedida por Manuel Giráldez Mouriño

Como non podía ser doutro xeito, os froitos propios do outono -castañas e cogomelos, principalmente- centran outra das actividades máis interesantes do Outono Cultural deste ano. Así o sábado día 12 haberá unha exposición de cogomelos e un obradoiro para os máis cativos. A xornada péchase cun magosto á noite, no torreiro da Guía, ao que están convidados todos os veciños e visitantes. Non faltarán as castañas e o viño novo, pero poderán degustar tamén filloas e outros produtos típicos da época.outonalTeatro, corais e folk galego completan a ampla e variada programación do Outono Cultural.

Poden cosultar neste folleto os horarios e a axenda de todo o mes:

Folleto cultural