Os actos programados pola Asociación Cultural dos Penediños co gallo do día das Letras Galegas  acadaron boa participación.

Poden obter máis información na páxina de facebook dos Penediños:

https://es-es.facebook.com/Os-Penedi%C3%B1os-de-Atios-443265745720378/

lgal_artO programa inclúe actividades destinadas a todos os públicos e coa lingua galega como elemento central. A xornada comeza cun obradoiro de contos e debuxos, que leva por título: O POETA DO MIÑO, UNHA HOMENAXE A MANUEL MARÍA, coa que se pretende achegar aos cativos a figura do grande poeta lugués. Será desenvolvida polo grupo de animación cultural Polo correo do vento, un colectivo especializado en actividades lúdicas dirixidas ao público máis novo, promovendo a lectura, a creatividade e a comprensión oral en galego. Poden participar os nenos maiores de catro anos acompañados das súas familias e terá lugar no auditorio do Centro Social e Cultural de Atios.

Máis tarde, ás 20:30, tamén no auditorio do Centro Social e Cultural, haberá un Festival de Música Tradicional a cargo das “Pandeireteiras Almuíña Celadoe das “Cantareiras dos Penediñosde Atios. Ao longo do Festival producirase algunha que outra sorpresa.

descargaManuel María Fernández Teixeiro é o escritor homenaxeado na edición das letras galegas deste ano. Naceu en Outeiro de Rei (Lugo) en 1929 e finou na Coruña en 2004. A súa ampla obra abrangue todos os rexistros: poesía, teatro, narrativa, ensaio. Está considerado un referente da literatura galega da segunda metade do século XX. Destacou tamén pola súa activa loita na defensa da nosa lingua nai no eido da política e acción social.

mmlib1b

mmlib2