A cafetería do centro Social e Cultural de Atios amplía as súas instalacións para ofrecer un mellor servizo aos seus clientes. Un toldo cobre a terraza exterior, situada fonte os ventanais, creando un espazo moi acolledor e a cuberto da chuvia e o frío. Un lugar acaído sobre todo para os fumadores, que poden disfrutar dunha estancia agradable sen molestar aos demais clientes.
O toldo cobre un espazo de case corenta metros cadrados. Cinco cortinas chegan ata o chan impedindo a entrada de auga e frío. Amplas franxas de material transparente permiten a entrada de luz e a visibilidade cara o exterior. A cafetería do centro Social de Atios é unha das mellor dotadas da contorna, cunha superficie que supera os 150 metros cadrados.

Á fronte do local están Johni e Rosa, unha amable parella que ofrece o servizo máis profesional e atento aos clientes. Unha variada carta de pinchos, tapas e bocadillos e unha selección dos mellores viños, cervexas e combinados compoñen a oferta da cafetería. Dispón ademais de pantalla de tv xigante, con canles vía satélite e conexión wifi de balde.

