A Asociación Culural Os Penediños de Atios quixo celebrar cos máis cativos o Día do Libro, cun obradoiro de marcapáxinas e troco de libros. O centro Social e Cultural acolleu as actividades nas que participaron os nenos da parroquia e tamén doutros lugares da comarca.
O obxectivo é achegar o fascinante mundo dos libros aos máis pequenos para fomentar dende moi cedo a paixón pola lectura. A asociación agradece a todas as persoas que colaboraron no intercambio de exemplares impresos, un xeito tamén de fomentar o hábito lector entre os maiores.






















