Chegou o Outono Cultural a nosa parroquia! Organizado pola asociación cultural Os Penediños de Atios en colaboración coa Xunta de Montes, están a desenvolverse unhas xornadas cheas de eventos que prometen deleitar tanto a veciños como a visitantes. Durante esta celebración, a comunidade reúnese para gozar dunha serie de actividades que van dende a natureza á poesía ata o misterio e a diversión. A continuación, invitámoste a afondar nesta actividades:

Esta finde, véspera de Todos os Santos contaremos cos concertos de Samaín, nso que bailar ao ritmo dos King Kids e Xeración M, o martes 31 no auditorio do noso Centro Cultural e a A Pasaxe do Terror instalada no torreiro da Guía, onde adultos e cativos poden desfrutar desta experiencia aterradora venres, sábado, e martes, 31 de Outubro a partir das 19:30h.

Coa entrada de Novembro desfrutaremos da edición XII das nosas xa tradicionais Xornadas Micolóxicas. O venres será a quenda do alumnado do Colexio Público de Atios e o domingo haberá unha saída ao monte e degustación para o público xeral. Achegádevos a desfrutar dunha xornada na natureza e compartir con nós esta experiencia educativa e enriquecedora para calquera que sinta curiosidade polo reino dos fungos.