O sábado día 20 arrancou o curso de poda que organiza a comunidade de montes en colaboración coa academia Norformación, do Porriño. O curso é impartido polo experto Jesús Barciela e ten unha duración de 30 horas repartidas en 6 sábados ao longo do ano. A próxima clase será este sábado día 17. A seguinte o día 15 de xaneiro e os tres seguintes sábados repártense entre os meses de maio, xullo e setembro. Aínda hai prazas.

Para calquera información poden chamar ao teléfono 606 96 81 35