Magnífica tarde no auditorio do Centro Cultural e Social de Atios, onde o pasado domingo se celebrou o I Encontro de Corais da Asociación Cultural Os Penediños de Atios neste ano 2016. Nun auditorio co aforo completo, o público gozou cos recitais do Coral Adaxe de Alxén, a Coral Polifónica San Lourenzo de Belesar e a Coral Polifónica de Atios, pechando o acto como anfitrioa.
Dende a directiva queren agradecer o apoio recibido polos veciños e veciñas para que este I festival do 2016 fose un éxito e aseguran que seguirán traballando para continuar neste senda que comezou este ano. Tamén queren agradecer o apoio do concello do Porriño no mesmo, coa presenza de varios concelleiros e concelleiras no Encontro.
Por outra banda o equipo directivo da asociación quere animar a todos osveciños e veciñas de Atios e a súa contorna a unirse a súa Coral, nuns novos tempos onde se pretende dar un pulo a esta disciplina, onde se ten previsto outros festivais máis para este ano 2016 e un curso de técnica vocal para o mes de outubro que será subvencionado polo FECOGA.







