A comunidade de montes de Atios presentou unha denuncia ante a policía autonómica pola celebración dunha proba ilegal de motos, modalidade de enduro, que discorreu polo noso monte veciñal. O sábado día 13 de marzo entre 6 e 7 motos transitaron por corredoiras, camiños e monte a través, causando importantes estragos. Previamente marcaran a ruta con plásticos e cintas de obra. Trátase dunha proba ilegal que en ningún momento contou coa autorización da comunidade de montes porque non tiñamos coñecemento de que tal evento ía ter lugar.

motos 2

A xunta directiva tomará todas as iniciativas necesarias para impedir que desaprensivos causen dano ao patrimonio comunal. Advertimos que calquera que pretenda convertir o espazo natural do monte de Atios nun circuito para o seu divertimento será denunciado ante as autoridades, xa que se trata dunha actividade prohibida por lei.