O monte de Atios é un monte certificado por partida dobre. Isto é, ten os selos de calidade outorgados por PEFC e por FSC, o que garante que a xestión que fai dos seus recursos forestais é sostible, ordenada e rendible tanto, ambiental, como social e económicamente.

PEFC é un sistema de certificación forestal internacional creado en 1999. Teñen este selo de calidade máis de mil empresas, organismos e entidades relacionadas coa madeira e o sector forestal en todo o estado español. No caso dos propietarios de montes, PEFC certifica a xestión organizada e sostible dos recursos forestais, tanto dende o punto de vista ambiental como económico. Atios recibiu a certificación forestal PEFC o día 07/09/2010. É revisada cada cinco anos mediante unha auditoría na que se certifica o mantemento das condicións de ordenación e uso sostible do monte. Ademais Atios conta tamén dende o ano 2013 coa certificación FSC, un selo de sostibilidade na produción forestal tamén de ámbito internacional. Propietarios do monte, indviduais e colectivos, industria transformadora e vendendor final forman parte deste organismo sen ánimo de lucro que busca a xestión sostible dos bosques e recursos forestais.

cm2

Ter o monte certificado ten vantaxes económicas, xa que supón polo menos un sobreprezo duns 3 €/ton de eucalipto, por exemplo, na venda de madeira ás empresas que están na cadea de custodia da certificación.

Na seguinte ligazón pode consultar os documentos de certificación dos montes de Atios.

CERTIFICACIÓN-PEFC

CERTIFICACIÓN FSC