Unha vez concluida a 3ª fase de apeo do deslindamento do monte comunal da parroquia de Atios, a consellería do Medio Rural abriu un prazo de vista pública para que os interesados poidan consultar o expediente. Os afectados teñen de prazo 20 días naturais a contar desde o 29 de marzo, día seguinte á data de publicación do anuncio no DOGA, para presentar alegacións e a documentación sobre as súas propiedades. No centro Social e Cultural de Atios poden consultar os planos, previa cita no número de teléfono 606 968 135.

des1Tamén pode consultar aquí os planos dos apeos levantados nas tres fases en que se dividiu o deslindamento.

APEO FASE 1ª

APEO FASE 2ª

APEO FASE 3ª

APEO FASE 3º_Google earth

Nas seguintes ligazóns, os anuncios do DOGA coas convocatorias públicas de inicio do apeo das distintas fases.

ANUNCIO DOGA FASE 1ª E 2ª

ANUNCIO DOGA FASE 2ª

ANUNCIO DOGA VISTA PÚBLICA FASE  3ª

Se ten unha parcela catastral afectada polo deslindamento pode localizala nesta ligazón (dispoñible só en google earth).

CATASTRO

O deslindamento administrativo do monte comunal de Atios faise ao abeiro da sentenza do xulgado do contencioso de Pontevedra, que condenou á Consellería de Medio Rural a levalo a cabo. A comunidade de montes de Atios solicitou dende hai anos á Xunta de Galicia que acometera o deslindamento do noso monte veciñal, pero sempre puxo excusas para non facelo. Por iso recorremos aos tribunais e foi a maneira en que, finalmente, este importante traballo de clarificación de lindeiros e estremantes sexa xa unha realidade.

des2

Non pretende máis que fixar os límites reais e legais entre o monte comunal de Atios e as comunidades limítrofes, os terreos do concello e, sobre todo, as propiedades dos particulares. Cos límites claros, baixo a máxima de “a cada quen o que é seu”, gañamos todos en seguridade xurídica e boa vecindade.

Artigo sobre o deslindamento publicado na pedraquefala en Maio do 2014