O campo de tiro ao prato que foi declarado ilegal polos tribunais está pechado. O concello do Porriño, obrigado a cumprir a sentenza do xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra o día 28 de outubro de 2015, instou aos responsables da sociedade que xestiona o campo ao cese das actividades.

Aínda que a comunidade de montes non recibiu o decreto da alcaldía ditando a clausura do campo de tiro, o certo é que dende o pasado mes de marzo as instalacións están sin ningún tipo de actividade.

A sentenza 232/2015 ditada polo xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Pontevedra, anulou a licenza de actividade e obra provisional outorgada polo goberno de Nelson Santos á Sociedade de Tiro Rosa Porriño La Venatoria o 22 de xaneiro de 2015. O tribunal entende que, tal e como denunciara a comundiade de montes, o campo de tiro non cumpre cos requisitos urbanísticos e ambientais esixidos pola lei.

Esa sentenza fora recorrida en apelación ante o TSXG en contra da promesa que a propia alcaldesa lle fixera aos veciños de Atios. Nunha decisión de Eva García de la Torre que a comunidade de montes de Atios aplaude, o goberno local decidiu retirar o recurso e, deste xeito, a sentenza que anula a actividade é firme a todos os efectos.

ct 1

A comunidade de montes de Atios non desbota tampouco demandar xudicialmente aos responsables de manter unha actividade aberta durante 17 anos sen ningún tipo de cobertura legal. Asimesmo esixirá a reparación do dano ambiental causado nos montes comunais polo vertido ilegal de toneladas de residuos (cerámicas, vaíñas plásticas e chumbo) derivados do tiro ao prato. Demandará unha compensacion pola afección ao cultivo forestal situado na área de impacto da actividade.

A xunta de montes de Atios lamenta que tivera que ser un tribunal, a raíz da denuncia dos veciños, o que certificara a ilegalidade deste campo de tiro. Unha ilegalidade coñecida dende hai anos polo concello do Porriño, a policía local, a garda civil e a policía autonómica, algúns de cuxos membros eran usuarios do campo de tiro, pero que nunca actuaron para esixir o cumprimento da lei.

Na seguinte ligazón pode descargar a sentenza:

SENTENZA CAMPO DE TIRO ILEGAL