A comunidade de montes de Atios acometeu neste mes de outubro os traballos de limpeza nunha importante área do monte. Son labores de desbroce e monda que se realizan ao abeiro da Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e Sofor.sub-23Actúase sobre un rodal de dez hectáreas situado nos límites coas parroquias de Budiño e da Picoña. Esta zona fora afectada polo lume no ano 2006, que queimou prácticamente todo o eucalipto e afectou a un pequeno bosque de carballos. No ano 2013 xa se levaran a cabo traballos de roza mecanizada e a selección de brotes, con vistas a ordenar a plantación de eucalipto que alí hai.subvencion-34sub-33Estes traballos teñen un beneficio múltiple. Desde o punto de vista forestal evítanse os incendios, ou polo menos mínguase o seu efecto, e auméntase a produtividade do cultivo. Dende o punto de vista social, movemos a economía local xa que contratamos tres veciños da parroquia que estaban en situación de desemprego. Ademais a limpeza produciu gran cantidade de leña da que, de xeito ordenado e previo permiso da directiva, poden coller para uso doméstico os comuneiros e veciños de Atios. Para facilitar o acceso mellorouse a pista forestal que atravesa a zona, un treito do sendeiro que une o Faro de Budiño co Castelo de Cans e que pertence á comunidade de montes de Atios.

sub-12O obxectivo é manter o monte limpo, ordenado, que xere un beneficio social que provoque a identificación de toda a veciñanza co seu monte comunal.

A seguir poden consultar o plano da subvención:

Plano subvención incendios 2016

Foto aérea subvención incendios 2016