O pasado 1 de decembro fixo nada menos que un século de vida o noso veciño e comuneiro máis lonxevo. José Giráldez Lago, que vive no barrio de Vilafría,  participou activamente nos asuntos da comunidade de montes, pois presidiu a mesa electoral de 2006 e 2010, como comuneiro de máis idade. Dende a xunta de montes queremos felicitalo por acadar con boa saúde física e mental unha idade tan avanzada.

Outras mulleres e homes de Atios acadaron e mesmo superaron os cen anos, pero agora José é o noso veciño vivo de máis idade. Por iso cómpre felicitalo, tal como lle fixo a súa extensa familia o pasado domingo cunha festa na súa honra. No seu día tamén a comunidade de montes lle entregou unha placa conmemorativa agradecendo o seu labor a prol da parroquia.

Neste enlace poden consultar un artigo publicado o dia 1 de decembro no Faro de Vigo, onde se resume a vida de José Giráldez. Dende aquí desexámoslle boa sorte e saúde para seguir moitos anos máis entre nós.

http://www.farodevigo.es/comarcas/2017/12/01/tatarabuelo-superviviente-guerra/1795794.html