Iago Ramilo publica o seu primeiro disco co dúo Lagoa.

Lagoa nace coma un proxecto musical que pretende mesturar as tradicións musicais de Castela e Galiza.O dúo está formado polo atiense Iago Ramilo aos saxofóns e o cuellerano Miguel Fraile á guitarra, ambos graduados en interpretación musical nos seus respectivos instrumentos.
Éstes buscan e gostan dende ben cativos de ir máis aló dos estudos no conservatorio e déixanse influenciar e sumerxirse en diferentes estilos e músicas de todo o globo. 
Desta ocasión fomalizan un proxecto no que buscan explorar a música de raíz das súas propias culturas, compoñendo pero tamén arranxando e tocando pezas de orixe ou influenzas tradicionais con instrumentos que non son típicos desta música, co obxectivo de recuperar as fermosas obras que o repertorio popular nos ofrece e tamén achegar este coñecemento e riqueza cultural a todos os públicos.
Velaquí unha peza composta por Iago Ramilo e na que colabora o gaiteiro venezolano Erick Feles. O vídeoclip foi rodado nas canteiras de Atios e nel participan varios integrantes do grupo de baile dos ‘Penediños’ de Atios e ‘Inquedanzas’ de Pazos de Reis.

A seguir un vídeo gravado en directo dunha canción que mistura a cultura galega e castelá.