Por outra banda, informamos tamén que na asembela xeral extraordinaria do pasado 7 de abril convocáronse eleccións para escoller unha nova xunta reitora da CMVMC de Atios. Cumpríronse xa catro anos de mandato da actual directiva e, tal como mandan os estatutos, debe procederse á elección dunha nova xunta reitora.

O prazo para a presentación de candidaturas remata o venres 27 de abril, ás 22:00 horas. A data das eleccións fixouse para o domingo 13 de maio. Terán lugar no Centro Social e Cultural de Atios, ubicado no torreiro da Guía.

Agardamos que os preto de trescentos comuneiros que agora conforman o censo da comunidade participen activamente na elección dunha nova directiva que guiará o futuro da xunta de montes.