A comunidade de montes de Atios abre o prazo de presentación de ofertas para a xestión da cafetería do Centro Social e Cultural de Atios, que está situado no torreiro da Guía, no centro da parroquia.

As bases foron aprobadas pola asemblea xeral da comunidade celebrada o pasado 7 de abril. Establécese un prezo de partida da poxa de 150 euros mensuais, en concepto de alugueiro. Os arrendatarios deben asumir tamén a limpeza da cafetería e dos espazos comúns do resto do centro social. Valorarase a experiencia no sector e a calidade que se ofreza no servizo. As bases poden recollerse no centro social, chamando previamente ao teléfono 606 96 81 35.

A cafetería ten case douscentos metros cadrados de superficie, incluida unha terraza exterior cuberta. Dispón de todo o mobiliario na barra e na cociña necesario para o negocio de hostalería. As instalacións amplas e acondicionadas conforme á a normativa vixente. A carón do centro social hai un parque infantil e un xardín fronte ao edificio que pode ser utilizado como terraza.

Os interesados teñen de prazo para a presentación de ofertas ata o día 14 de maio, ás 21:30. Debe facerse en sobre pechado, no que se incluirán os datos persoais da/s ou do/s ofertante/s e o prezo da oferta. Nesa data, ante a presenza dos interesados e de membros da xunta reitora da comunidade de montes, abriranse os sobres e darase a coñecer o resultado da poxa.