Doménico e Carla póñense a fronte da cafetería co ánimo de darlle un aire novo ao local social. De orixe venezolana, e con ampla experiencia no sector da hostelería, garanten unha atención profesional e afable á clientela. A oferta gastronómica e de lecer verase reforzada coa súa presenza. Un espazo moi confortable, cunhas instalacións idóneas para todas as idades, especialmente familias con cativos, aseguran unha estancia moi agradable.

O vindeiro sábado 25 será a reinauguración do local. Un acto aberto a toda a clientela, con música, karaoke, petiscos e máis sorpresas. Dexesámoslle moita sorte aos novos responsables da cafetería. O seu éxito será compartido con toda a comunidade.