Este sábado, 29 de Maio, temos actuación no auditorio da casa cultural de Atios. Será o grupo Alicornios, que dan comezo á súa xira con nós.

Os estudantes de Conxunto do 2º curso do Itinerario Avanzado da ETRADVIGO comezan dende o vindeiro 29 de maio unha xira de concertos coordinada pola mestra Xela Conde, na que amosarán o seu traballo ao longo destes dous últimos anos de formación na asignatura de Conxunto. Titorizados polos mestres Begoña Riobó en Conxunto 4 e Xaquín Xesteira en Conxunto 5, os integrantes desta formación, foron deseñando un repertorio inzado de pezas da tradición galega arranxadas polos membros do conxunto, nas que se reflicte a variedade da súa aprendizaxe e dos seus gustos e experiencias. 

ALICORNIO é o nome elixido polo conxunto.

O “Alicornio”, como obxecto antigo, máxico e poderoso que inda hoxe en día é empregado por algunhas familias herdado de xeración en xeración, dálle nome a este proxecto musical que atopa o poder e a ilusión nesta oportunidade de xuntarse no eido da escola. 

OS ALICORNIOS SON:

Alejandro Fernández Novoa (percusión) 

Yoli Maceira Orge (gaita). 

Miki Watanabe (zanfona) 

Mayka Alleres Franco (arpa céltica) 

Samu Fernández Torre (violín) 

O evento comezará ás 20:30h e cumpriranse todas as medidas COVID.

Agardámosvos!