A comunidade de montes abre unha nova poxa para a xestión da cafetería do centro social, ubicado no barrio da Guía. Os interesados teñen de prazo ata o día 12 de decembro para presentar as ofertas. Deberán facelo en sobre pechado, indicando o importe ofertado, unha pequena memoria da proposta de negocio, así como o nome e un teléfono de contacto.

A cafetería dispón dun espazo interior de máis de cen metros cadrados, así como terraza cuberta, asadeiro exterior, xardín, parque infantil, pista de xogos e un amplo aparcamento.

Exterior da cafetería. Terraza
Interior da cafetería
Terraza cuberta

As bases poden consultalas na seguinte ligazón:

Bases Poxa Cafetería

Aquí atoparán tamén un teléfono de contacto ao que poderán chamar para resolver calquera dúbida.