O monte de Atios é obxecto de numerosos vertidos incontrolados de todo tipo de residuos cometidos por persoas e empresas nada respetuosas co medio natural. Na medida en que poidamos identificar os autores destes delitos medioambientais actuaremos con toda a forza da lei para denuncialos.

A xunta rectora levou a cabo a retirada de refugallos acumulados durante anos nalgúns puntos que se converteron ao longo do tempo en vertedeiros, é o caso, como se pode ver nestas imaxes, do barrio do Rial.  Queremos facer un chamamento á conciencia de todos para manter un monte limpo e coidado. Hai no concello do Porriño lugares, como o punto limpo, onde depositar residuos de calquera tipo.

vert3