Esta fin de semana celebramos unha nova edición das Xornadas Micolóxicas. Fai xa oito anos que comezamos esta iniciativa,coa que procuramos achegar os nenos e veciños de en xeral ao apaixoante mundo dos cogomelos. O noso entorno natural, malia as adversas condicións metereolóxicas deste ano, é aínda rico en fungos de todas as variedades, dunhas máis ca outras.

Da man dun experto micólogo, aprenderemos a distinguir os distintos cogomelos, como recollelos e como aprezalos. O venres 17 terán a oportunidade os alumnos de 5º e 6º curso do colexio público de Atios. O domingo 19 é a quenda dos veciños en xeral, e tamén quen queira visitarnos.

Logo de percorrer o monte recollendo cogomelos, baixaremos ao centro social e cultural, onde o micólogo dará unha charla moi didáctica sobre os fungos recollidos. A continuación, degustaremos algúns pratos elaborados cos cogomelos na cafetería do centro social