Atios volverá acoller este mes de abril unha proba de bicicleta de montaña, BTT, que na súa segunda edición acada sona internacional, situándose entre os máis atractivos do circuito galego. Os montes da nosa parroquia serán o escenario dunha proba que o ano pasado realizaron uns 500 participantes. Entre eles haberá figuras relevantes do ciclismo de montaña e centos de afeccionados ao deporte na natureza. A saída será unha vez máis no campo de fútbol dov Carballo. O trazado da proba discorre por lugares de interese do monte comunal de Atios e das parroquias veciñas. A xunta de montes apoia o deporte ao aire libre, pero pide respeto e coidado tamén co noso entorno natural.
Aquí o cartaz da proba: