A directiva dos Penediños queren convidar a todos as veciñas e veciños a participar nas actividades que teñen programadas para festexar o Día do Libro no Centro Cultural e Social de Atios.

Comezarán o sábado 22, a partir das 17 horas, coa inauguración da “Feira do Troco de Libros” que se celebra por segundo ano consecutivo e para a cal se volveu a contar coa colaboración do CEIP de Atios, tanto para a difusión da actividade como para a recollida de libros dos nenos e nenas que participan nela.Tamén o sábado no mesmo horario haberá un “Obradoiro de Papiroflexia”, impartido por un monitoria especializada, o obradoiro está dirixido a nenos/as maiores de 6 anos e familias, no cal estamos seguros se verán sorprendidos tanto cativos como maiores.A mañá do domingo 23 de abril seguirá a “Feira do Troco” e tamén contaremos coa visita da escritora viguesa Isabel Blanco, que nos acompañará ao longo da mañá na feira e onde dará lectura a algúns dos seus textos.

Remataremos as actividades conmemorativas do Día do Libro con música, onde contaremos co Concerto-sesión vermú das Cantareias dos Penediños.

Aquí vos deixamos o cartaz das xornadas.

Feliz Día do Libro a Tod@s